Retegal dispón dunha ampla experiencia na difusión de sinais de raio e televisión, tanto en tecnoloxía analóxica como dixital.
A devandita experiencia, unida á disposición de máis de 140 Centros de Radiodifusión distribuídos por todo o territorio da Comunidade Autónoma, permítelle ofrecer o mellor servizo cos índices máis amplos de cobertura poboacional, adecuando esta ás necesidades dos operadores privados.
RETEGAL facilita na actualidade unha cobertura poboacional do 98% para o múltiple autonómico MAUT, con 140 centros operativos, cumprindo cos obxectivos de cobertura poboacional establecidos polo Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinados aspectos para a liberación do Dividendo Dixital. Tamén presta, en colaboración con operadores de ámbito nacional, servizos do múltiplex estatal para a mellora da cobertura da rede RGE (Televisión Española) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como servizos de codificación, multiplexación, contribución e difusión de diversos múltiples de TDT local.
Por outra banda, facilita os servizos de transporte e difusión á Radio Galega (RG), con 38 centros de emisión operativos que facilitan unha cobertura poboacional superior ao 96%, que RETEGAL opera e mantén con índices de calidade e continuidade moi superiores aos comprometidos, así como a prestación de servizos de coubicación e contribución IP a outros concesionarios de licencias de FM.