Obxectivos de alto nivel
- Cumprimento e desenvolvemento dos dez principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas sobre prácticas de respecto aos dereitos humanos, traballo digno, respecto polo medio ambiente e políticas anti-corrupción, asumíndoas como propias e medindo periodicamente o grao de desenvolvemento das mesmas, realizando os correspondentes informes de progreso.
- Implantación dun modelo de xestión integral que desenvolva os principios de responsabilidade social corporativa, seguridade e saúde laboral, medio ambiente e seguridade da información.
- Integración da RSC na nosa estratexia corporativa de maneira que todas as nosas accións neste ámbito respondan a un esquema previo de reflexión, análise e consenso.
- Establecemento de canles de comunicación con todos os nosos grupos de interese para atender as necesidades e requirimentos vinculados coa nosa actividade.