Inicio > Presentación da empresa > Responsabilidade Social

Consideramos a Responsabilidade Social Empresarial (RSE), como un compromiso co desenvolvemento sostible e coas preocupacións dos nosos grupos de interese internos e externos. Por elo integramos as variables sociais, laborais e medio ambientais na nosa estratexia corporativa estendéndoa así a todas as nosas operación como operador público de Telecomunicacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Valores e principios

  • Eficiencia na xestión.
  • Respecto e atención ao noso persoal
  • Calidade de servizo
  • Transparencia nas nosas operacións
  • Seguridade na información
  • Compromiso coa sociedade e o noso entorno
  • Innovación e modernización tecnolóxica

 

Obxectivos (no marco da Memoria RSC)

  • Cumprimento e desenvolvemento dos dez principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas sobre prácticas de respecto aos dereitos humanos, traballo digno, respecto polo medio ambiente e políticas anti-corrupción, asumíndoas como propias e medindo o grao de desenvolvemento e progreso sobre as mesmas de forma periódica.
  • Despregue, en toda a organización, dunha política efectiva de compliance corporativo que estableza medidas concretas para xestionar os riscos derivados de posibles incumprimentos legais.
  • Integración da RSC na nosa estratexia corporativa de xeito que todas las acciones neste marco respondan a un esquema de reflexión, análise, execución, avaliación, comunicación e mellora continua.
  • Establecemento de canles de comunicación bidireccionais con todos os nosos grupos de interese para atender as necesidades e requirimentos vinculados coo nosa actividade.
  • Implantación de medidas efectivas que permitan minimizar riscos en materia de seguridade e saúde laboral, seguridade da información, garantindo en todo momento a continuidade do servizo.
  • Integrar no noso modelo de xestión, directrices que permitan evidenciar o noso compromiso  respecto polo medio ambiente.

Ligazóns de interese